Concello de Verín

Praza do Concello, 1, Verín, 32600
Concello de Verín Concello de Verín is one of the popular Town Hall located in Praza do Concello, 1 ,Verín listed under Government Organization in Verín ,

Contact Details & Working Hours

More about Concello de Verín

Ao sudeste da provincia de Ourense, próxima á fronteira con Portugal, esténdese Verín, unha vila xurdida ao pé dunha importante fortaleza medieval que da orixe á comarca da súa mesmo nome: Monterrei, e que constitúe o segundo núcleo urbano da provincia, tras a capital.

Centro indiscutible desta área xeográfica, excelentemente comunicado polas autovías A-52 e A-75 (Verín-Fronteira portuguesa), e as nacionais 525 e 532, Verín convértese nun paso obrigado cara a Portugal e Castela. Cunha superficie de 93,4 Km² e 14.237 habitantes, foi tradicionalmente un destino termal pola calidade e diversidade dos seus cinco mananciais de augas minero-medicinais: Cabreiroá, Caldeliñas, Fonte do Sapo, Fontenova e Sousas.

Este municipio, articulado en torno ao río Támega e rodeado por relevos montañosos, que chegan a alcanzar os 940 metros no Alto de Valdeagua, aséntase nunhas terras fértiles onde se cultivan os excelentes viños da Denominación de Orixe Monterrei.

Map of Concello de Verín