Patrimonio do Xurés

Parque Natural Baixa Limia-Xurés Estrada de Portugal, 34, Lobios, 32870
Patrimonio do Xurés Patrimonio do Xurés is one of the popular Public & Government Service located in Parque Natural Baixa Limia-Xurés Estrada de Portugal, 34 ,Lobios listed under Government Organization in Lobios ,

Contact Details & Working Hours

More about Patrimonio do Xurés

Dámosvos a benvinda á páxina Patrimonio do Xurés, a cal é unha pequena parte dun proxecto chamado “Estudo, análise, diagnose, posta en valor e divulgación do patrimonio cultural material e inmaterial da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX)”, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Iniciado no mes de setembro de 2015, estenderase até finais de marzo de 2016 e está a ser realizado na RBTGX, na súa parte galega, onde cultura e natureza están profundamente relacionadas.

O obxectivo do proxecto é dar a coñecer o patrimonio cultural e histórico, dun xeito integral, vinculándoo co patrimonio natural da RBTGX. Céntrase a metodoloxía na busca da implicación dos veciños e das veciñas que habitan este territorio. A participación da comunidade é fundamental no deseño dunha iniciativa que nace da vontade de facer do patrimonio un ben común para a sociedade, e en particular, para a veciñanza que o usa e conserva.

Tense como eixo central a recollida de información directa das persoas que habitan a zona da RBTGX, complementada coa análise e estudo da bibliografía máis relevante.

Map of Patrimonio do Xurés