Proxecto para a recuperación da "villa" romana de Currás

No visitable. Lugar de Os Medos, Currás, 36791
Proxecto para a recuperación da "villa" romana de Currás Proxecto para a recuperación da "villa" romana de Currás is one of the popular College & University located in No visitable. Lugar de Os Medos ,Currás listed under University in Currás , College & University in Currás ,

Contact Details & Working Hours

More about Proxecto para a recuperación da "villa" romana de Currás

No ano 1972, tras un estudo sobre microtoponimia no Baixo Miño, os membros do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño atoparon na parroquia de Currás, sita no concello de Tomiño, os restos dunha vila romana e unha necrópole tardorromana-medieval, que foi parcialmente escavada e posteriormente reenterrada.
Foi xustamente cando se cumprían 40 anos da súa descuberta, no ano 2012, cando se produciu o primeiro encontro entre a Asociación cultural “Os Medos” de Currás e Comunidade de Montes desa parroquia con membros do Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo, tras o que se forxou, financiado polo concello de Tomiño, un proxecto de I+D para recuperar, coñecer e retornar este ben arqueolóxico ós seus veciños e a todos aqueles interesados no noso patrimonio.
A historia do xacemento romano e tardorromano de Currás é tamén a historia da súa descuberta e das inquedanzas dos veciños desta parroquia polo seu pasado, o que fai que este proxecto sexa dobremente enriquecedor e boa mostra do papel que compren as comunidades locais na recuperación do rico patrimonio arqueolóxico existente en Galicia.

Map of Proxecto para a recuperación da "villa" romana de Currás