Asociación de veciños Caselas

Sobrados s/n, Salceda, 36470
Asociación de veciños Caselas Asociación de veciños Caselas is one of the popular Nonprofit Organization located in Sobrados s/n ,Salceda listed under Non-profit organization in Salceda ,

Contact Details & Working Hours

More about Asociación de veciños Caselas

A nosa asociación de veciños e veciñas nace no ano 1986, e coma calquera asociación xurde das inquedanzas dunha serie de persoas que deciden organizarse para contribuir ó mellor desenvolvemento da vida cotiá dos que vivimos no centro de Salceda.
Actualmente está dirixida por unha directiva de 13 voluntarios que altruistamente xestionan as instalacións e actividades da mesma.
Os principais obxetivos desta asociación son mediar entre os socios e as institucións (Concello, Deputación e outros) para intentar resolver calquer problema que lles poida surdir, así como conseguir solventar posibles carencias do pobo.
Anualmente celébranse dúas festas, a fogueira de San Xoán e a Comida do socio, as cales poden asistir socios e non socios. Ademáis, lévanse a cabo cursos de formación en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
Animamos a tódalas persoas a que se asocien con nós e así poidan disfrutar das nosas instalacións (pista deportiva, parque infantil, merendero con asador e local social).

Map of Asociación de veciños Caselas