Un novo mercado para un novo tempo.
Tomiño actualiza o seu Mercado de Abastos
Fronte á decadencia dos mercados tradicionais, Tomiño reacciona, transformando debilidades en fortalezas; convertendo este espazo nun escaparate local, un lugar onde atopar os mellores produtos da zona.
Porque hai outro tipo de consumo que esta unido á calidade e a autenticidade, que aínda non é patrimonio das grandes superficies, unha oportunidade da que tirará proveito o novo Mercado de Tomiño.